Os Yoga Sūtras, compostos por o sabio Patañjali entre os sécuos V e II a. C., é o texto no que, en 196 aforismos, se sistematiza a ciencia do ioga por vez primeira. A práctica e a ensianza de Yogacharya B.K.S. Iyengar están baseadas nestos aforismos, nos que se expón o camiño que terá que seguir o practicante para acadar a meta do ioga. Trátase dunha vía consistente en oito estadíos: sobre os cimentos duns principios éticos universais e unha disciplina individual, practícanse as posturas de ioga, a regulación da respiración e o envorcado dos sentidos cara o interior, o que conduce á mente á concentración, á meditación e a un nivel superior de consciencia.
Próximos eventos
A continuación presentamos alguns vídeos onde se pode ver ao Mestre practicando e ensiando:
Fragmento do famoso vídeo Samadhi.
Guruji B.K.S. Iyengar ensiando prāṇāyāma en Moscú xunto ao alumnado-profesorado máis cercano.
O mestre en USA durante unha sesión de preguntas e respostas xunto a Manouso Manos Patricia Walden.
Próximos eventos
©AEYI 2023. Todos os dereitos reservados