Saltar ao contido

Exames e cursos de formación

Exame de profesor/a de Ioga IYENGAR®

Para optar a un exame de profesor/a de Ioga IYENGAR® hai que contar co aval dun profesor/a da AEYI autorizado/a a avalar candidatos/as ao exame.

É importante comprender que ser profesor/a de ioga é unha vocación natural que pode espertarse nun practicante de ioga, e que, xa que logo, antes de pensar en ser profesor/a, débese pensar en ser practicante e en madurar na práctica.

Cando a práctica sincera do ioga esperta no alumnado a vocación polo ensino, o alumno/a pode dirixirse ao seu profesor/a ou á propia Asociación para atopar un mentor/a que o/a guíe para converterse en profesor/a.

Se non estás practicando aínda cun profesor/a recoñecido polo RIMYI, animámoste a poñerte en contacto coa Asociación; indicarémosche onde podes atopar un profesor/a preto da túa área.

Procesos de mentoría

Un proceso de mentoría é un período máis ou menos longo durante o cal o mentor/a instrúe ó alumno/a, de xeito próximo, na arte do ensino, ata que o propio mentor/a decide que o candidato/a está preparado para concorrer ao exame.

Ningún candidato pode concorrer a un exame presentándose por si mesmo. Contar co aval dun profesor/a é requisito para concorrer ao exame.

Próximos eventos

No event found!

Cursos de formación de profesores/as

Desde hai xa un certo tempo, o Ramamani Iyengar Memorial Ioga Institute (RIMYI) está facendo fincapé na conveniencia dos procesos de mentoría, máis que nos cursos de formación de profesores/as, aínda que este formato non foi descartado, sendo unha alternativa diferente ao proceso de mentoría.

En todo caso debe saberse que realizar un curso de formación de profesores de Ioga IYENGAR® non é un requisito para obter o aval que o candidato necesita para concorrer ao exame de profesor de Ioga IYENGAR®.

As condicións para acceder a un curso de formación de profesores de Ioga IYENGAR®, cuxa duración é de tres anos, son as seguintes:

Cursos de formación e diplomas de profesor de Ioga Iyengar non recoñecidos polo RIMYI

A AEYI, alertada polos anuncios sobre cursos de formación e diplomas de profesor, instrutor ou monitor de Ioga Iyengar non recoñecidos polo RIMYI, informa de que:

  • A obtención dun certificado de profesor expedido polo RIMYI non constitúe, por si soa, unha garantía de recoñecemento, por parte do RIMYI, da condición de «Profesor de Ioga IYENGAR®». Tal recoñecemento esixe que os certificados se manteñan en vigor, para o que deben cumprirse certos requisitos establecidos polo RIMYI. No Estado español, só os profesores que aparecen na Lista Oficial da AEYI están recoñecidos polo RIMYI como «Profesores de Ioga IYENGAR®», con certificado en vigor. Unicamente os profesores que aparecen na Lista Oficial de profesores da AEYI son posuidores dos dereitos de utilización da marca rexistrada «IYENGAR®» e do Logotipo Internacional de Profesores de Ioga IYENGAR®, único distintivo que os identifica como profesores autorizados polo RIMYI a ensinar o Ioga IYENGAR®, e que aquí reproducimos.
  • Unicamente o Comité de Ensino, Exames e Formación de Profesores (CEEF) da AEYI, creado para velar pola calidade do ensino impartida baixo a denominación «IYENGAR®», conta no Estado español coa autorización do RIMYI para convocar os exames de Profesor de Ioga IYENGAR®. Ao aprobar este exame, este Comité, en nome da AEYI, concede ao candidato o estatus de Profesor de Ioga IYENGAR®, sendo o RIMYI quen expide, finalmente, o certificado correspondente.
  • A competencia para ser mentores e dirixir cursos de Formación de Profesores de Ioga IYENGAR® queda limitada a aqueles profesores que, cumprindo coa cualificación e nivel de titulación esixidos polo RIMYI, están autorizados como profesores mentores/formadores polo CEEF da AEYI.

Se queres ser Profesor de Ioga IYENGAR®, debes antes ter unha certa madurez na práctica do Ioga IYENGAR®, polo que te animamos a poñerte en contacto cun profesor certificado da Lista Oficial de profesores da AEYI. O teu profesor darache máis detalles sobre os procesos de mentoría, os cursos de formación de profesores e as condicións para concorrer máis adiante ao exame.

Próximos eventos

No event found!

Queres recibir as últimas novas no teu correo?