Venda de material de práctica

Venda de material de práctica

O material de práctica que ofrecen os vendedores/as oficiais da AEYI conta coa garantía do Comité de Ensinanza, Exames e Formación do Profesorado (CEEF) da Asociación, a fin de que cumpra cos estándares de medidas e calidade dos deseños orixinais de Sri B.K.S. Iyengar.

Un 5 % do prezo do material de práctica deseñado por Sri B.K.S. Iyengar, vendido por estas persoas, destínase á familia Iyengar en concepto de doazón, en recoñecemento ao Mestre, quen xenerosamente puxo os seus deseños a disposición de todos/as os/as practicantes de ioga.

Ante calquera incidencia co material de práctica adquirido ós/as vendedores/as oficiais, podes facernos chegar os teus comentarios a través do noso formulario de contacto, solicitando que sexan remitidos ó CEEF.

Para máis detalles sobre a venda oficial de material de práctica, consulta o Artigo 14 do Manual de Ética da AEYI (castelán).

A continuación preséntase a listaxe completa das persoas que venden de xeito oficial o material de práctica da AEYI (para consultar prezos e adquirir material, pórse en contacto directamente con estas persoas):

Elías García

Moralzarzal (Madrid)

Diana Gascón – La Canela Biocentro

Calle Espoz y Mina, 3 – 28012 Madrid