Geeta S. Iyengar
Smt. Geeta S. Iyengar (1944-2018) foi a filla maior de Yogacharya B.K.S. Iyengar e unha autoridade no ioga. Acadou o dominio na arte do ioga a unha idade temperá a raíz de observar ao seu pai durante a práctica. Graduóuse en filosofía. Ensinou en ioga no Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI), do que foi codirectora.
Geeta foi unha destacada profesora de ioga. Comezou a ensinar en 1962 e transmitiu a ensinanza do seu pai a moito alumnado de todo o mundo. Sempre estivo dotada dun agudo sentido da observación, e compasión por o seu alumnado. As súas excepcionais ensinanzas axudaron a moitas mulleres en embarazos difíciles e depresións menopáusicas. Ensinou regularmente no RIMYI e foi invitada como profesora en numerosas convencións nos EE.UU., Canadá, Australia e Europa.
Escribiu os seguintes libros:
- Yoga para la mujer
- Yoga en acción para principiantes – Un curso preliminar
- Yoga en acción – Curso Intermedio I
- Mobility in Stability
Próximos eventos