Saltar ao contido

Preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes

O ioga é un dos seis sistemas ortodoxos da filosofía índica. A palabra «ioga» deriva da raíz sánscrita yuj, que significa unión. O ioga ensina os medios para que o sí-mesmo individual poida entrar en comunión co sí-mesmo Universal. O sabio indio Patañjali codificou a ciencia do ioga no seu tratado clásico: os Yoga Sūtras, que se mantiveron vixentes dende hai 2500 anos para o desenvolvemento integral do ser humano, sen distinción de sexo, raza, crenzas, lugar de nacemento ou condición social. Dende un punto de vista púramente físico, o ioga aporta saúde corporal, claridade mental e estabilidade emocional, todo isto necesario para acadar o obxectivo xa sinalado: a realización espiritual.

A práctica do ioga axuda a calquera a acadar unha boa saúde, paz mental, ecuanimidade emocional e claridade intelectual. Cun corpo san, mente clara e emocións puras, quen practica aprende a desenvolverse na vida en harmonía consigo mesmo e coa súa contorna de vida.

Os Yoga Sūtras, compostos por o sabio Patañjali entre os séculos V e II a. C., é o texto no que, en 196 aforismos, se sistematiza a ciencia do ioga por vez primeira. A práctica e a ensinanza de Yogacharya B.K.S. Iyengar están baseadas nestos aforismos, nos que se expón o camiño que terá que seguir a persoa practicante para acadar a meta do ioga. Trátase dunha vía consistente en oito estadíos: sobre os cimentos duns principios éticos universais e unha disciplina individual, practícanse as posturas de ioga, a regulación da respiración e o envorcado dos sentidos cara o interior, de xeito que conduce á mente á concentración, á meditación e a un nivel superior de consciencia.

A característica pincipal da ensinanza de B.K.S. Iyengar é a intensidade con que a mente debe implicarse na práctica de posturas (āsana), regulación da respiración (prāṇāyāma) e interiorización dos sentidos (pratyāhāra), como medio de transformación da consciencia. O seu método é sistemático, progresivo, e tamén esixente. Para diferencialo de outros estilos de ioga, o propio alumnado de B.K.S. Iyengar comezaron a chamalo «Yoga IYENGAR®».

  • O Yoga IYENGAR® pode ser practicado por todas as persoas.
  • A énfase do método recae na intensidade con que a mente se implica na práctica de posturas (āsana), regulación da respiración (prāṇāyāma) e interiorización dos sentidos (pratyāhāra), como medio de transformación da consciencia.
  • O uso de soportes deseñados por B.K.S. Iyengar, tales como aparellos de madeira, cinturóns e cordas, axudan á persoa practicante a conquerir un maior beneficio e perfección nas posturas, e posibilitan que persoas con dificultades poidan realizalas.
  • O aspecto de secuenciación, permite á persoa practicante coñecer a orde e o tempo de permanencia correctos en āsana e prāṇāyāma.

Os oito estadíos (aṣṭānga) do ioga, que describe Patañjali nos seus Yoga Sūtras son:

  1. Yama: Mandamentos éticos e morais universais.
  2. Niyama: Disciplinas individuais.
  3. Āsana: Posturas.
  4. Prāṇāyāma: Regulación da respiración.
  5. Pratyāhāra: Interiorización dos sentidos de percepción.
  6. Dhāraṇa: Concentración.
  7. Dhyāna: Meditación.
  8. Samādhi: O estado final de realización.

Próximos eventos

No event found!

Queres recibir as últimas novas no teu correo?