Saltar ao contido

Que é

Qué é

A AEYI é o órgano representativo dos practicantes de ioga que seguen a ensinanza de Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar. Esta Asociación foi constituída en 1996 e é a única no Estado español recoñecida por B.K.S. Iyengar. Ao ser o seu ámbito de actuación estatal, e dado que o Estado español é unha realidade multicultural, a AEYI respecta esta diversidade e tena en conta no seu funcionamiento. Entre os seus fins están os que seguen:

Podes ver ou descargar o tríptico de la AEYI no seguinte enlace:

Próximos eventos

No event found!

Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é o órgano supremo da Asociación, e se convoca de xeito ordinario unha vez ao ano, e de xeito extraordinario cando así se estime necesario. Todas as persoas que son socias da Asociación son convocadas a participar nela e a participar nas decisións que aí se acorden.

Consello Reitor e Xunta Directiva

O Consello Reitor é o órgano supremo de dirección da AEYI e está formado por doce persoas socias, entre o profesorado e o alumnado. A renovación parcial das persoas que componen o Consello Reitor faise democráticamente entre todas as persoas asociadas da AEYI, levándose a cabo por correo postal ou electrónico en decembro de cada ano. Na súa primeira xunta anual, o Consello Reitor elixe entre os seus integrantes á Xunta Directiva da AEYI, órgano encargado da xestión administrativa e económica da AEYI.

Comités permanentes do profesorado

Comité de Ética e Dereitos Rexistrados (CEDRO)

Encargado de supervisar o mantemento de altos niveis de ensinanza e ética do profesorado; xestionar a marca rexistrada do profesorado, e supervisar o uso correcto da licenza de uso da mesma.

Comité de Ensinanza, Exames e Formacion do Profesorado (CEEF)

Encargado de organizar os exames do Profesorado de Yoga IYENGAR®; organizar a formación contínua dos docentes da AEYI; autorizar como formadores a aqueles docentes que, coa necesaria cualificación, aspiren a formar profesorado; elaborar e actualizar a Listaxe Oficial do Profesorado da Asociación.

Outras comisións e áreas de traballo

Eventos da AEYI

Organización de convencións e outras actividades da Asociación.

Tradución Yoga Rahasya

Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. Proporcionar a tradución ao castelán desta revista é un dos servizos que ofrece a AEYI ás persoas socias que así o desexen e que son subscritoras da revista orixinal.

Yoga Jwala

Grupo de traballo encargado da elaboración e publicación da revista anual da Asociación, Yoga Jwala. Distribúese gratuitamente entre as persoas asociadas. Nela se recollen artigos de grande interese para as persoas practicantes de Yoga IYENGAR® e para as persoas socias da Asociación.

Traducións de libros editados por o RIMYI

Grupo de traballo encargado de publicar as traducións dos libros de Geeta S. Iyengar e Prashant S. Iyengar que edita el Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute.

FEDEFY

A AEYI conta cun representante na Federación Española de Entidades Formadoras de Yoga.

Informática

Grupo de traballo encargado do mantemento da páxina web e redes sociais da AEYI.

Actividades da AEYI

Para a consecución dos seus fins sociais, a Asociación organiza distintas actividades, unhas enfocadas exclusivamente ás persoas socias, e outras dirixidas a persoas que estén interesadas en xeral.

Persoas asociadas

Coa túa adhesión á AEYI estás impulsando a difusión d Yoga IYENGAR® no estado español. Toda persoa practicante de Yoga IYENGAR® pode solicitar a súa admisión como integrante da AEYI. Para esto hai que cumprimentar e achegar á sede o formulario de adhesión no que se require a sinatura dunha persoa profesora titulada por a AEYI.

Neste formulario aparecen as diferentes cotas ás que se pode acoller cada persoa asociada.

Algúns servizos e actividades que a Asociación ofrece ás súas persoas asociadas son os que seguen:

Convención Española de Yoga IYENGAR®

A AEYI organiza e celebra periódicamente Convencións de Yoga IYENGAR® coa finalidade de fomentar a unidade, a harmonía e a comunicación entre todos as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®.

Revista Yoga Jwala

Nela se recollen artigos de grande interese para as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®: entrevistas a B.K.S. Iyengar, extractos de textos e conferencias del mailo dos seus fillos, da Memoria Anual da Asociación e das actividades realizadas por esta, etc. Podes visualizar aquí, a modo de mostra, o número 16 da revista, correspondente ao ano 2015:

Tradución ao castelán da revista Yoga Rahasya

Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación porporciona a tradución ao castelán desta revista a todas aquelas persoas ocias que así o desexan e que son subscritoras da revista orixinal.

Boletín «El Consejo Rector Informa»

Circular informativa para as persoas integrantes da Asociación, sen periodicidade fixa, que se edita e distribue para informar ás persoas socias cando teñen lugar acontecementos de interese xeral na relación co Yoga IYENGAR®.

Venda de material impreso e audiovisual procedente de India

A Asociación ofrece, sen ánimo de lucro, a posibilidade de mercar material procedente de India e directamente relacionado con B.K.S. Iyengar e fillos (libros, revistas, audios, CD, vídeos…).

Outros servizos

Algunhas das actuacións da AEYI están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas no Yoga IYENGAR®, sexan persoas asociadas ou non da Asociación.

Información xeral

A traves do teléfono, fax, correo postal e correo electrónico, a AEYI facilita toda a información que ten na súa man a quen a solicita. Nesta páxina web se publica información tanto de interese xeral como específica para as persoas asociadas.

Listaxe do profesorado

A Asociación mantén en todo momento actualizada e publicada a Listaxe do Profesorado Titulado por a AEYI e oficialmente recoñecidos por o Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (Pune – India). Podes solicitar información sobre clases de Yoga IYENGAR® na zona e/ou horarios que desexes, a través do teléfono ou do correo electrónico da AEYI.

Subscrición á revista Yoga Rahasya

Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación xestiona todas aquelas solicitudes de subscrición que se demanden dende o estado español.

Descarga aquí o formulario de subscrición:

Tramitación de solicitudes

Dende a AEYI se tramitan tamén outras solicitudes diversas dirixidas ao Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI), como son as instancias para participar nos eventos que se organizan en Pune.

Próximos eventos

No event found!

Queres recibir as últimas novas no teu correo?