Directorio de profesores

Directorio de profesores

Este é o directorio oficial de profesores/as de Ioga IYENGAR® de España, presentado en forma de mapa e de listado ordenado por comunidades autónomas. Ambos permiten a procura por localización ou palabra chave, respectivamente.

Téñase en conta que neste directorio só figuran aqueles datos que os/as profesores/as fixeron públicos. Moitos/as deles/las ofrecen, ademais, clases noutros lugares ou modalidades que poderían convirche. Para obter máis información, por favor, contacta coa AEYI indicando no asunto «Información profesores». Estaremos encantados de facilitarche toda a información que precises.

A AEYI comunica que a presente é unha relación de profesores/as que facilitaron os seus datos e consentiron a súa publicación.

O listado inclúe aos/ás profesores/as de Portugal ao non existir aínda Asociación Portuguesa.

En previsión da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico e da vixente Lei Orgánica de Protección de Datos, estamos obrigados a comunicarte que o enderezo electrónico que figura na base de datos de profesores/as e asociados/as só pode utilizarse a efectos de solicitar servizos profesionais.

Por esta razón, queda prohibido o envío de correos electrónicos con fins comerciais (spam), e o uso indebido do correo electrónico dos nosos profesores/as e asociados/as.

Non está permitido o uso destes datos con fins comerciais ou de publicidade.