Proxecto Bellur

Bellur é un pequeno pobo situado ao sur de la India no estado de Karnataka, a uns 60 quilómetros de Balgalore.
Bellur ocupou un lugar importante na mitoloxía india. No poema épico Mahābhārata, Kunti (a nai dos Pandavas) pasou algún tempo neste pobo. Cóntase tamén que o Señor Shiva aparecéuse aquí. Consérvanse aínda na aldea vestixios de antiguos templos, con máis de mil anos de antigüidade e esculturas de madeira tallada.
Pero co paso dos séculos, o pobo chegou a un estado ruinoso dende o punto de vista social e económico. Para mellorar o nivel de vida dos seus habitantes, Guruji creou Bellur Krishnamachar Sesham Smaraka Niddhi Trust. A intención desta fundación é mellorar o estatus social e económico tanto do pobo como das aldeas circundantes. O primeiro traballo emprendido por a fundación foi abastecer a Bellur de agua potabel coa construción dun tanque de almacenamento.
A escola de educación primaria fue construída por Guruji en 1967, e aínda hoxe continúa sendo a única da localidade. Comezóu con 80 estudantes; actualmente dispón de clases dende primeiro ata séptimo grao. Co transcurso do tempo Guruji propuso e levou a cabo a construción dunha grande sala sobre a escola, onde o alumnado tivera a oportunidade de practicar ioga baixo a guía de profesorado de Yoga Iyengar. Actualmente as clases se imparten con regularidade dúas veces por semana.
Próximos eventos
Jornada Intensiva con Laia Giralt
Intensivo con Emilio Hidalgo
Jornada Intensiva con Laia Giralt
Jornada Intensiva con Laia Giralt
A Través da Fundación Bellur Trust construíuse tamén unha escola de ensinanza secundaria. Nun principio pensóuse que a escola fora só para mulleres, pero despois acordóuse fundar unha institución mixta. Bellur Trust sufraga os gastos de material escolar, uniformes e unha comida gratuita a mediodía para todo o estudiantado; tamén retribue ao profesorado.
Dende o ano 2004, Bellur conta co primeiro templo adicado ao sabio Patañjali, quen codificou e inmortalizou o ioga hai uns 2500 anos. Para nosoutros, practicantes de ioga, é un acontecemento realmente importante. Hoxe en día moitos ioga sadhakas teñen nas súas casas e escolas de práctica unha imaxe do sabio; con todo, sorprendentemente, ata hai tan só uns anos non había un templo adicado a él. O proxecto, a construcción e o mantemento do templo costeóuno a persoa que revivíu a arte do ioga na nesa época, o noso querido Guruji. E o lugar elexido para construir o templo non podía ser outro que aquel onde se sementou a semente do ioga, o seu lugar de nacemento: Bellur.

Durante o mes de decembro de 2006 inauguróuse o novo hospital, que presta servizo non só aos habitantes de Bellur senón a toda a contorna circundante.
Pero os proxectos de Bellur Trust son todavía maiores:
Preténdese construir e equipar un colexio técnico e unha escola de enfermaría. Este último proxecto ten unha importancia especial xa que en India hai unha enorme demanda de persoal de enfermaría, e as mulleres desta zona non contan con saídas profesionais.
A fundación mercou tamén un terreo de 3 hectáreas, onde se está a construir unha pequena industria de artesanía local. Parte do terreo será destinado ao cultivo de diversas plantas; haberá, por exemplo unha plantación de rosas para a súa comercialización.
Bellur Trust conta actualmente con apoio económico de numerosos practicantes de Yoga Iyengar de todo o mundo para levar a cabo estos proxectos, e estímase que no prazo de realización dos mesmos oscila entre dous e catro anos.
Esta é, en resume, a maravillosa e progresiva transformación duhna pequena aldea no lugar que será, probabelmente, o destino máis importante de peregrinaxe para todos as persoas practicantes de ioga do mundo.
O Noso Mestrfíxonos chegar á Asociación unha carta persoal, na que nos agradece a todos a nosa contribución a estos proxectos.
Doazóns
Número IBAN: ES83 2100 3450 2122 0005 5408
Entidade: CaixaBank
Código SWIFT: CAIXESBBXXX
Beneficiario: ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE YOGA IYENGAR
Concepto: PROYECTO BELLUR
Número IBAN: 38518908526
Entidade: State Bank of India
Código SWIFT: SBININBB423
Código IFSC: SBIN0003286
Beneficiario: B.K.S. SMARAKA NIDHI TRUST
Próximos eventos