Queres colaborar?

Servizos ás persoas asociadas

Coa tua adhesión a á AEYI estás impulsando a difusión do Yoga IYENGAR® no Estado. Toda persoa practicante de Yoga IYENGAR® pude solicitar a súa admisión como membro da AEYI. Para esto hai que cumprimentar e achegar á sede o formulario de adhesión no que se require a sinatura dunha persoa profesora titulada por a AEYI (ver sección «Únete»).

Neste formulario aparecen as diferentes cotas ás que se pode acoller cada persoa asociada.

Algúns servizos e actividades que a Asociación ofrece as persoas que son socias son os que seguen:

Convención Española de Yoga IYENGAR®

A AEYI organiza e celebra periódicamente Convencións de Yoga IYENGAR® coa finalidade de fomentar a unidade, a harmonía e a comunicación entre todos as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®.

Revista Yoga Jwala

Nela se recollen artigos de grande interese para as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®: entrevistas a B.K.S. Iyengar, extractos de textos e conferencias del mailo dos seus fillos, da Memoria Anual da Asociación e das actividades realizadas por esta, etc.

Tradución ao castelán da revista Yoga Rahasya

Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación porporciona a tradución ao castelán desta revista a todos aqueles integrantes da entidade que así o dexesen e que son subscritores da revista orixinal.

Venda de material impreso e audiovisual procedente de India

A Asociación ofrece, sen ánimo de lucro, a posibilidade de mercar material procedente de India e directamente relacionado con B.K.S. Iyengar e fillos (libros, revistas, audios, CD, vídeos…).

yoga-jwala

Outros servizos

Algunhas das actuacións da AEYI están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas no Yoga IYENGAR®, sexan ou non persoas socias da entidade.

Información xeral

A traves do teléfono, fax, correo postal e correo electrónico, a AEYI facilita toda a información que ten na súa man a quen a solicita. Nesta páxina web se publica información tanto de interese xeral como específica para as persoas asociadas.

Listaxe do profesorado

A Asociación mantén en todo momento actualizada e publicada a Listaxe do Profesorado Titulado por a AEYI e oficialmente recoñecidos por Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar.

Subscricion á revista Yoga Rahasya

Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación xestiona todas aquelas solicitudes de subscrición que se demanden dende o Estado español.

Tramitación de solicitudes

Dende a AEYI se tramitan tamén outras solicitudes diversas dirixidas ao Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI), como son as instancias para participar nos eventos que se organizan en Pune.