Qué é
A AEYI é o órgano representativo dos practicantes de ioga que seguen a ensinanza de Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar. Esta Asociación foi constituída en 1996 e é a única no Estado español recoñecida por B.K.S. Iyengar. Ao ser o seu ámbito de actuación estatal, e dado que o Estado español é unha realidade multicultural, a AEYI respecta esta diversidade e tena en conta no seu funcionamiento. Entre os seus fins están os que seguen:
- Ensinar, difundir e preservar o ioga segundo as orientacións e as directrices dadas por Sri B.K.S. Iyengar, Smt. Geeta S. Iyengar e Sri Prashant S. Iyengar.
- Fomentar a unidade, a harmonía e a comunicación entre todos os practicantes de ioga Iyengar.
- Responsabilizarse en España da formación, exames e títulos de Profesor de Ioga IYENGAR®, e manter un rexistro nacional de profesorado titulado e profesorado formador e mentor autorizado.
Podes ver ou descargar o tríptico de la AEYI no seguinte enlace:
Próximos eventos
Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral é o órgano supremo da Asociación, e se convoca de xeito ordinario unha vez ao ano, e de xeito extraordinario cando así se estime necesario. Todas as persoas que son socias da Asociación son convocadas a participar nela e a participar nas decisións que aí se acorden.
Consello Reitor e Xunta Directiva
O Consello Reitor é o órgano supremo de dirección da AEYI e está formado por doce persoas socias, entre o profesorado e o alumnado. A renovación parcial das persoas que componen o Consello Reitor faise democráticamente entre todas as persoas asociadas da AEYI, levándose a cabo por correo postal ou electrónico en decembro de cada ano. Na súa primeira xunta anual, o Consello Reitor elixe entre os seus integrantes á Xunta Directiva da AEYI, órgano encargado da xestión administrativa e económica da AEYI.
Comités permanentes do profesorado
Comité de Ética e Dereitos Rexistrados (CEDRO)
Encargado de supervisar o mantemento de altos niveis de ensinanza e ética do profesorado; xestionar a marca rexistrada do profesorado, e supervisar o uso correcto da licenza de uso da mesma.
Comité de Ensinanza, Exames e Formacion do Profesorado (CEEF)
Encargado de organizar os exames de Profesorado de Ioga IYENGAR®; organizar a formación continua do profesorado da AEYI, organizando convencións para profesores, etc; autorizar ó profesorado que, coa necesaria cualificación, aspire a avalar candidatos aos exames, realizar procesos de mentoría ou dirixir cursos de formación de profesorado; elaborar e actualizar a Lista Oficial de Profesorado da Asociación.
Outras comisións e áreas de traballo
Eventos da AEYI
Organización de convencións e outras actividades da Asociación.
Tradución Yoga Rahasya
Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. Proporcionar a tradución ao castelán desta revista é un dos servizos que ofrece a AEYI ás persoas socias que así o desexen e que son subscritoras da revista orixinal.
Yoga Jwala
Grupo de traballo encargado da elaboración e publicación da revista anual da Asociación, Yoga Jwala. Distribúese gratuitamente entre as persoas asociadas. Nela se recollen artigos de grande interese para as persoas practicantes de Yoga IYENGAR® e para as persoas socias da Asociación.
Traducións de libros editados por o RIMYI
Grupo de traballo encargado de publicar as traducións dos libros de Geeta S. Iyengar e Prashant S. Iyengar que edita el Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute.
FEDEFY
A AEYI conta cun representante na Federación Española de Entidades Formadoras de Yoga.
Informática
Grupo de traballo encargado do mantemento da páxina web e redes sociais da AEYI.
Actividades da AEYI
Para a consecución dos seus fins sociais, a Asociación organiza distintas actividades, unhas enfocadas exclusivamente ás persoas socias, e outras dirixidas a persoas que estén interesadas en xeral.
Persoas asociadas
Coa túa adhesión á AEYI estás impulsando a difusión d Yoga IYENGAR® no estado español. Toda persoa practicante de Yoga IYENGAR® pode solicitar a súa admisión como integrante da AEYI. Para esto hai que cumprimentar e achegar á sede o formulario de adhesión no que se require a sinatura dunha persoa profesora titulada por a AEYI.
Neste formulario aparecen as diferentes cotas ás que se pode acoller cada persoa asociada.
Algúns servizos e actividades que a Asociación ofrece ás súas persoas asociadas son os que seguen:
Convención Española de Yoga IYENGAR®
A AEYI organiza e celebra periódicamente Convencións de Yoga IYENGAR® coa finalidade de fomentar a unidade, a harmonía e a comunicación entre todos as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®.
Revista Yoga Jwala
Nela se recollen artigos de grande interese para as persoas practicantes de Yoga IYENGAR®: entrevistas a B.K.S. Iyengar, extractos de textos e conferencias del mailo dos seus fillos, da Memoria Anual da Asociación e das actividades realizadas por esta, etc. Podes visualizar aquí, a modo de mostra, o número 16 da revista, correspondente ao ano 2015:
Tradución ao castelán da revista Yoga Rahasya
Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación porporciona a tradución ao castelán desta revista a todas aquelas persoas ocias que así o desexan e que son subscritoras da revista orixinal.
Boletín «El Consejo Rector Informa»
Circular informativa para as persoas integrantes da Asociación, sen periodicidade fixa, que se edita e distribue para informar ás persoas socias cando teñen lugar acontecementos de interese xeral na relación co Yoga IYENGAR®.
Venda de material impreso e audiovisual procedente de India
A Asociación ofrece, sen ánimo de lucro, a posibilidade de mercar material procedente de India e directamente relacionado con B.K.S. Iyengar e fillos (libros, revistas, audios, CD, vídeos…).
Outros servizos
Algunhas das actuacións da AEYI están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas no Yoga IYENGAR®, sexan persoas asociadas ou non da Asociación.
Información xeral
A traves do teléfono, fax, correo postal e correo electrónico, a AEYI facilita toda a información que ten na súa man a quen a solicita. Nesta páxina web se publica información tanto de interese xeral como específica para as persoas asociadas.
Listaxe do profesorado
A Asociación mantén en todo momento actualizada e publicada a Listaxe do Profesorado Titulado por a AEYI e oficialmente recoñecidos por o Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (Pune – India). Podes solicitar información sobre clases de Yoga IYENGAR® na zona e/ou horarios que desexes, a través do teléfono ou do correo electrónico da AEYI.
Subscrición á revista Yoga Rahasya
Yoga Rahasya é a revista oficial do Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI) de Pune (India), que se edita trimestralmente en inglés. A Asociación xestiona todas aquelas solicitudes de subscrición que se demanden dende o estado español.
Descarga aquí o formulario de subscrición:
Tramitación de solicitudes
Dende a AEYI se tramitan tamén outras solicitudes diversas dirixidas ao Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute (RIMYI), como son as instancias para participar nos eventos que se organizan en Pune.
Próximos eventos