O sabio Patañjali
Patañjali (s. V a II a. C.), considerado tradicionalmente como unha encarnación de Adisesa, asento do Señor Visnu, é célebre por ser o autor dos Yoga Sūtras, así como de sendos textos sobre aiurveda e gramática. Foi, tamén, un sublime bailarín, a quen se lle rinde homenaxe nas escolas de danza clásica da India.
As tres obras de Patañjali tratan do desenvolvemento integral do ser humano, tanto na esfera do pensamento como da palabra e da acción. O seu tratado de ioga se considera yoga darśana. Darśana significa ‘visión da alma’.
As obras de Patañjali foron seguidas por os ioguis ata a actualidade, nun esforzo por desenvolver unha linguaxe refinada, un corpo cultivado e unha mente civilizada.
Os Yoga Sūtras de Patañjali están dvididos en catro capítulos ou padas. Os 196 sūtras ou aforismos son subscintos, precisos, profundos e ferventes no seu enfoque. Os catro padas son:
- Samadhi Pada (sobre contemplación)
- Sadhana Pada (sobre práctica)
- Vibhuti Pada (sobre propiedades e poderes)
- Kaivalya Pada (sobre emancipación e liberdade)
Próximos eventos
Os oito estadíos (aṣṭānga) do ioga, que describe Patañjali nos seus Yoga Sūtras son:
- Yama: Mandamentos éticos e morais universais.
- Niyama: Disciplinas individuais.
- Āsana: Posturas.
- Prāṇāyāma: Regulación da respiración.
- Pratyāhāra: Interiorización dos sentidos de percepción.
- Dhāraṇa: Concentración.
- Dhyāna: Meditación.
- Samādhi: O estado final de realización.
Próximos eventos