O mestre B.K.S. Iyengar
Bellur Krishnamachar Sundararaja Iyengar naceu o 14 de decembro de 1918, cando a súa nai Sheshamma padecía os efectos dunha epidemia de gripe. O seu pai, Sri Krishnamachar, era mestre de escola e Sundararaja foi o seu decimoterceiro fillo. Sundararaja non disfrutóu de boa saúde durante a súa infancia: vítima da malaria, o tifo e a tuberculose nunha época na que os antibióticos non existían.
Á idade de dazaseis anos, Sundararaja comezóu a practicar o ioga co home da súa irmán maior, Sri T. Krishnamacharya, persoa de grande fortaleza física, con moito talento, cultura e unha autoridade nas escrituras. Ensinóu ioga no pazo do Maharaja de Mysore. Foi un mestre moi esixente.
En 1936, cando Sundararaja tiña dazaoito anos, foi designado por o seu guru para ir a Pune a ensinar ioga durante seis meses. A elección recaeu nel porque tiña certo coñecemento do inglés en comparación cos seus compañeiros, que só falaban a língua local (kannada) o sánscrito. Sundararaja non tivo elección. Ordenáronlle ir e tivo que facelo. «Con temor e dúbida, rendínme á súa orde como privilexio (ashirvad) e funme a Pune, que se converteu no meu campo de acción (karmabhumi) dende entón», recoñecería máis adiante.


En Pune soportou tempos difíciles: sen casa, nin amigos, nin familia, nun estado (Maharastra) onde a língua e a cultura lle eran estrañas. Aínda que vivirá na casa do seu guru, durante dous anos, antes de ir a Pune, a súa relación con Krishnamacharya fora moi limitada e non tivera moitas oportunidades de aprender del. Daquela, en Pune, acordou practicar con interese e atención para adquirir coñecemento da súa propia experiencia. Continuó só, axustando e definindo as āsanas e así lograr a perfección e precisión.
Próximos eventos
Podía faltarle a comida, pero nunca descoidaba a práctica. Practicaba durante longas horas ata chegar a comprender as técnicas de cada āsana e os seus efectos.
Esta perfección e precisión da súa práctica reflectíuse na súa ensinanza, incrementándose o número de alumnado. De todos xeitos naquel tempo, impartindo clases de ioga non se obtiñan suficintes ingresos para sobrevivir nunha cidade. Sundararaja vivía nos límites da pobreza, sen a miúdo saber de onde chegaría a súa próxima comida.


En 1943, os seus irmáns concertaron o seu matrimonio cunha xoven de dazaseis anos chamada Ramamani, quen descoñecía o ioga cando entrou na vida de Sundararaja. Con todo, pronto absorbeu a esencia do ioga e se convirteu nunha auténtica forza detrás do progreso do seu hoe. Nunca interferíu nas súas prácticas, nin nas súas clases. Ao contrario, chegou a ser un grande apoio e unha das súas mellores críticas e conselleiras. Cuidou dunha familia numerosa: cinco fillas e un fillo, cáseque sempre sen axuda, cedendo ao seu home o tempo que el precisaba para continuar o camiño que elexira. Ademáis asumiu a tarefa de iniciar aos seus fillos no ioga.
B.K.S. Iyengar comezóu a sere recoñecido como mestre de ioga. Ensinou a algunhas personalidades como J. Krishnamurti, a loitadores por a liberdade como Jayaprakash Narayan, a Achyut Patwardhan, comandante da Academia de Defensa Nacional e a numerosos médicos e industriais. Ofreceu innumerabeis demostracións moi apreciadas por personalidades como o Dr. Rajendra Prasad, primeiro Presidente de India, o Dr. Mohammad Hatta, ex Vicepresidente de Indonesia, Marshal Bulganin, ex-premier da U.R.S.S., Nikita Krushchev, primeiro Secretario do Partido Comunista da U.R.S.S., séndolle concedida unha audiencia co Papa Pablo VI.


Un encontro casual co mestre de violín Yehudi Menuhin, en 1952, foi decisivo para introducir a Guruji en Occidente, onde se lle empezó a coñecer como Mr. Iyengar.
Menuhin era un alumno entusiasta e ano tras ano Guruji tivo que viaxar ao estranxeiro para ensiñarlle a él e a súa familia. Moitas máis persoas se uniron a estas sesións e pouco a pouco un grande número de occidentais se converteron no seu alumnado, que esperaban con fervor que regresara un ano máis tarde. Menuhin, como o resto do seu alumnado continuó a práctica e recoñeceu a Mr. Iyengar como: «o seu mellor mestre de violín».
Fundou el Ramamani Iyengar Memorial Yoga Institute en Pune en 1975, onde seguíu ensinando e investigando sobre o ioga durante coarenta anos.
Yogacharya Sri B.K.S. Iyengar foi recoñecido como a máxima autoridade do seu tempo, a nivel mundial, en ioga. Foi nomeado doutor honoris causa en Ciencias por a Universidade de Mysore en 1997. Recibíu algún dos galardóns máis prestixiosos que concede o Goberno da India: o Padma Shri (1991), o Padma Bhushan (2002) e o Padma Vibhushan (2014). Foi tamén incluído por a revista Time na súa listaxe «As cen persas máis influíntes do mundo» (2004). Faleceu en Pune o 20 de agosto de 2014, á idade de 95 anos.

Próximos eventos