Temos o pracer de anunciar o lanzamento, por parte da editorial Kairós, do volume 8 (o último volume) da obra “La esencia del Yoga (Aṣṭadaḷa Yogamālā)”, de B.K.S. Iyengar.
“La esencia del Yoga (Aṣṭadaḷa Yogamālā)” é unha compilación que reúne todo o material de artigos, conferencias, entrevistas, e sesións de preguntas e respostas, ofrecidos por B.K.S. Iyengar ó longo dos seus anos de ensino, todo elo seleccionado, corrixido e supervisado por el mesmo.
Este oitavo volume pecha a publicación das sesións de preguntas e respostas, iniciadas no volume 7, e tratan de saúde, dieta, deporte e ensinanza do ioga. Inclúense tamén entrevistas e artigos do Mestre.
Ademais, o volume contén catro índices temáticos que abarcan o contido dos oito volumes da obra:
Índice xeral
Índice de termos en sánscrito
- Índice de asana, pranayama, bandha y mudra
- Índice de citas
Autor: B.K.S. Iyengar
Editorial: Kairós
Lingua: castelán
ISBN: 9788499885582