LANZAMENTO DE “LA ESENCIA DEL YOGA (AṢṬADAḶA YOGAMĀLĀ)” – VOL. 8

Temos o pracer de anunciar o lanzamento, por parte da editorial Kairós, do volume 8 (o último volume) da obra “La esencia del Yoga (Aṣṭadaḷa Yogamālā)”, de B.K.S. Iyengar.

“La esencia del Yoga (Aṣṭadaḷa Yogamālā)” é unha compilación que reúne todo o material de artigos, conferencias, entrevistas, e sesións de preguntas e respostas, ofrecidos por B.K.S. Iyengar ó  longo dos seus anos de ensino, todo elo seleccionado, corrixido e supervisado por el mesmo.

Este oitavo volume pecha a publicación das sesións de preguntas e respostas, iniciadas no volume 7, e tratan de saúde, dieta, deporte e ensinanza do ioga. Inclúense tamén entrevistas e artigos do Mestre.

Ademais, o volume contén catro índices temáticos que abarcan o contido dos oito volumes da obra:

  1. Índice xeral

  2. Índice de termos en sánscrito

  3. Índice de asana, pranayama, bandha y mudra
  4. Índice de citas

Autor: B.K.S. Iyengar
Editorial: Kairós
Lingua: castelán
ISBN: 9788499885582