Os Informámosvos da publicación en castelán, por parte da AEYI, do libro Una vida de luz, de Rashmi Palkhivala.
É unha biografía de Guruji, desde o seu comezo nun pobo de Karnataka. Trata de como empezou a practicar cando era só un adolescente co seu mestre Krishnamacharya e como, seguindo as recomendacións do seu mestre, trasladouse a ensinar ioga a Pune. Expón o ioga que ensinou, baseado na precisión, e como as súas ensinanzas se espallaron por todo o mundo.
Unha vida de luz, narrada con amor e compaixón. É a biografía dun dos practicantes de ioga máis respectados da época contemporánea. A súa vida abarca case un século, desde a independencia de India ata a India do século vinte e un.
A autora está casada cun membro da familia Palkhivala, que foron dos primeiros alumnos de Guruji en Bombay, e que tiveron unha relación estreita coa familia Iyengar. A familia Palkivala, na actualidade, conta con tres profesores de Yoga Iyengar.
Autora: Rashmi Palkhivala.
Editorial: HarperCollins India
Publicación da tradución ao castelán: Asociación Española de Yoga Iyengar
Lingua: español
ISBN: 9788409297207